Composiciones

Bolboretas de Nadal

Letra de Antón Cortizas e Música de Joaquín Enríquez

Canido

Letra de Antón Cortizas e Música de Joaquín Enríquez


Quero inventar un país clandestino

Que teña un nome que ninguén esqueza

Quero que sexa un país de beleza

Onde a carraxe non teña destino.

Nel construirei un muíño que teza

Fios de vento con brillos de lúa

Quero que teña unha longa rúa

Que dea nome á pequena grandeza

Quero unha costa con nome de estrela

Que mire ó mar con olladas de lume

Onde a tristura se ría e rezume

un silencioso mirar de doncela.

Voulle poñer un xentil corazón

no que rebenten latexos de amores

Quero que teña xanelas de flores

rúas alegres e algún corralón

Situareino a carón da ribeira

Acariñado por brisas amantes

Do manso mar subirán Navegantes

Ó manso mar baixarán cangrexeiras

Que alí por Maio se coza a maiola

Que alí por Maio froreza un cruceiro

Que alí por Maio a flor do bieiteiro

Encha de aromas alén da Marola

Videoclip:

Rocío Rodríguez Padín (Voz) e Joaquín Enríquez Díaz (Acordeón)

Himno de Esmelle

1. Ímoslle cantar ó valle

Onde naceron meus pais

Ímoslle cantar a Esmelle

Patrimonio natural

 

2. Esmelle valle de maxia

Valle do mago Merlín

A miña  cantiga meiga

Vai adicada pra ti

 

3. Cada vez que vou ó vale

Namorado quedo eu

Das súas fermosas augas

Que os muíños fan mover

 

4.Amando a arboreda

Onde de neno xoguei

Traeme bos recordos

Que xamáis olvidarei

 

5. Vou a dar a despedida

Vou a poñer o final

A esta cantiga meiga

Que a Esmelle faime lembrar

 

Joaquín Enríquez